Campus A Lanzada ABERTO O CAMPUS DE BALONMAN BASE DA LANZADA
Escolas Multideporte Veran
Jun
15
2010
ABERTO O CAMPUS DE BALONMAN BASE DA LANZADA PDF Imprimir Enviar
Valoración dos usuarios: / 13
PobreO mellor 
CAMPUS - Campus A Lanzada

Antes de nada queriamos comentar que este ano o Campus Balonmán Base Rasoeiro BM. - O Grove Érguete, pasa a chamarse Campus Balonmán Base Rasoeiro BM., debido á desaparición de O Grove Erguete .

Non obstante, queremos comentar que ata o último momento esta asociación estivo colaborando co Rasoeiro B.M. para levar a cabo este campus. Por este motivo e, en sinal de agradecento ao traballo da xente que formou parte de O Grove- Erguete e que tanto aportou ao noso pobo, gustaríanos adicarlle esta edición do campus.

 


XVII CAMPUS DE BALONMAN BASE RASOEIRO BM

O campamento terá lugar do 21 ao 28 de agosto no Centro de Vacacións A Lanzada, ubicado en O Grove.

Como en anos anteriores, o obxectivo do Campus é promover e favorecer entre os nenos/as a aprendizaxe dun axeitado uso do tempo de lecer, o traballo en grupo, deporte, e respeto ao medio ambiente.

 

PRAZAS E IDADE.

O número de prazas é de 80, (debido a un problema nas instalacións, non podemos ocupar as 94 dos anos anteriores. Estamos tratando de buscar alternativas para poder ofrecer dalgún xeito esas 14 prazas restantes).

Ao campus poderán asistir os nenos/as nados entre os anos 1996 e 2003, ámbolos dous incluidos.

 

PREZO DO CAMPUS

* SOCIOS DO RASOEIRO BM. E GROVE ERGUETE 165 EUROS

* NON SOCIOS 185 EUROS

Como en edicións anteriores, tódolos inscritos poderán levar un talonario de rifas (100 á 1 euro), coas que poden reducir o custe do campus.

 

CÓMO FACER A PREINSCRICIÓN

Para realizar a preinscrición e solicitar praza, será necesario cubrir o formulario que se adxunta ( ANEXO I) e envialo por correo electrónico ( único medio válido) ao Club Rasoeiro B.M.,á seguiente dirección : Este enderezo electrónico está protexido contra spambots. É necesario activar Javascript para visualizalo

Respectarase a orde de chegada das inscricións para cubrir as 80 prazas.

 

PRAZO DE INSCRICIÓN

O próximo martes día 22 de xuño de 2010 abrirase o prazo, a partir das 19:00 horas ( non serán validas as que se envíen antes desta hora) .

 

LISTAXE DE ADMITIDOS

Unha vez cubertas as prazas, o Rasoeiro B.M. colgará na súa páxina web (www.rasoeiro.es) os nenos/as admitid@s.

 

CONFIRMACIÓN DE PRAZA

Para confirmar a praza, é necesario facer o pago da cuota do campus, mediante ingreso no siguiente número de conta de Caixanova :

2080 0426 34 0040105947

O pago podese realizar de dúas formas:

* A totalidade no momento de formalizar a inscrición

* Fraccionado, 100 euros no momento de formalizar a inscrición, e o resto antes do 15 de Agosto ( ingreso en conta).

Terán unha semana para facer o ingreso da primeira cuota ( ou totalidade se o desexan).

No momento de facer o ingreso, temos que especificar o concepto:

Cuota XVII Campus Balonmán Base Rasoeiro B.M., e poñer o nome e apelidos do neno/a que vai ao Campus.

 

Despois de facer o ingreso, debedes de enviar una copia do mesmo polo medio que vos sexa máis comodo:

máis comodo:

A. Por fax : 986 73 21 79

B. Escanear e envialo por mail a:  Este enderezo electrónico está protexido contra spambots. É necesario activar Javascript para visualizalo

C. Entregar nas oficinas do club, no Pavillon Monte da Vila.

Luns e xoves de 19:00 a 21:30. ( mes Xuño)

Luns de 20:00 a 22:00 ( mes Xullo e Agosto )

DITOS HORARIOS TAMEN SON PARA A RECOLLIDA DE RIFAS

TELEFONO CLUB : 607 95 85 50 ( Atende Patri ) para aclarar posibles dúbidas.


--DESCARGAR DOCUMENTACION--

 

 

 
Copyright © 2010 Open Source Matters. Todos os dereitos reservados.
Joomla! é un software libre publicado baixo a licenza GNU/GPL.
 
Amegrove
XVII Campus A Lanzada
Interrias
Campus JDR IV

Boletín de noticias