Escolas Multideporte Veran
Jan
13
2010
OS DEPORTISTAS DO RASU TIVERON UN PAPEL MOI IMPORTANTE NOS PASADOS CAMPIONATO DE ESPAÑA CELEBRADOS EN ALMERÍA E ZARAGOZA PDF Imprimir Enviar
Valoración dos usuarios: / 2
PobreO mellor 

 

O canteirán Jose Luis Perez acadou o Campionato de España en categoría cadete.

Galicia acadou un dos seus mellores Campionatos de España acadando un ouro en cadete masculino, unha prata en infantil masculino, un cuarto posto en infantil feminino, un quinto posto en xuvenil feminino, un sétimo en xuvenil masculino, e o cadete feminino acadou o modesto posto número 11º.

 

MEDALLA DE OURO

Jose Luis Perez un dos valores emerxentes da canteira do Rasoeiro tivo un papel importante na consecución do titulo de Campión de España da Selección Galega na provincia andaluza de Almería.

PRESENCIA DE XOGADORAS DO GROVE

O Rasoeiro estivo presente en varias seleccións. En xuvenil feminino as nosas

representantes foron ALICIA GONZALEZ, Mª JESUS LONGUEIRA e ANDREA PINTOS que disputaron en Zaragoza xunto co combinado galego partidos diante das potentes seleccións de Valencia, Asturias ou Andalucía.

Na categoría cadete feminina NOELIA PEREZ, MARIA FRESCO, UXIA NUÑEZ e IRENE SANCHEZ, foron as nosas representantes e estiveron a punto de pasar as semifinais, mais un so descarnador gol meteunas de cheo nos postos debaixo.

Por último a meca Mónica Barreiro participou como seleccionadora do equipo Infantil Feminino. Foi a súa primeira incursión como adestradora e fixo un papel realmente meritorio e importante.

Queco Fresco tamén estivo presente en Almería como Xefe de Expedición das distintas seleccións galegas.

 
Copyright © 2010 Open Source Matters. Todos os dereitos reservados.
Joomla! é un software libre publicado baixo a licenza GNU/GPL.
 
Amegrove
XVII Campus A Lanzada
Interrias
Campus JDR IV